Máis de medio centenar de nenos e nenas nados entre 2013 e 2020 están tomando parte nos campamentos deportivos de Carral. O programa de conciliación arrincou onte, e levarase a cabo de luns a venres ata o 5 de xaneiro (agás nos días festivos).
Con esta iniciativa, o Concello ofrece atención aos pequenos e pequenas atención desde as 7.30 horas ata as 16.30 horas, favorecendo así a conciliación das familias. Entre as 7.30 e as 10.00 horas, realízase o servizo de Madrugadores, de 10.00 a 14.00 horas teñen lugar as propias actividades e, por último, de 14.00 a 16.00 horas faise o xantar. Todas as propostas de lecer están centradas no deporte, en xeral, e nas modalidades deportivas que se practican no propio concello.
O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala a “boa acollida” que os campamentos teñen edición tras edición. Trátase, como indica, dunha medida coa que se busca “ofrecer alternativas de conciliación ás familias durante os períodos non lectivos”.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/FOTO-CARRAL-Campamentos-Carral-1-scaled.jpg17112560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-12-23 13:18:092023-12-23 13:18:10MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE NENOS PARTICIPAN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE CARRAL
1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h * 2. Campamentos: 10.00 a 14.00 h, ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas. 3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *
*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.
LUGAR:
Recinto escolar e pavillón do Colexio Vicente Otero Valcárcel.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/Campamentos-Deportivos-de-Nadal.jpg24801748Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-12-19 20:23:292023-12-19 20:24:13PUBLÍCANSE AS LISTAXES DE ADMITIDOS NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL
A patinaxe será protagonista indiscutible na fin de semana en Carral. O pavillón O Espiño e o centro municipal de formación Antón Fraguas acollerán este domingo, 17 de decembro, o I Trofeo Concello de Carral de Patinaxe Artística e o XIV Día do Patín, organizados pola Administración local e o Club de Patinaxe Alquimia.
Por unha banda, o trofeo contará coa participación dun total de 60 patinadores e patinadoras pertencentes ao Club Alquimia Carral, ao ADM Peleteiro e ao CP Compostela. O certame será entre as 10.00 e as 13.30 horas.
Pola tarde, a partir das 16.00 horas, desenvolverase o Día do Patín, unha xornada coa que se busca impulsar a práctica deste deporte entre a cidadanía. Para logralo, haberá prácticas a todos os niveis, obradoiros, xogos e sorteos de agasallos. Ademais de no pavillón O Espiño, a proposta levarase a cabo no centro de formación Antón Fraguas.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/CARRAL_DIADOPATIN_2.jpg15362048prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-12-15 14:04:042023-12-15 14:04:05A PATINAXE SERÁ A PROTAGONISTA DA PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DA FIN DE SEMANA EN CARRAL
Carral continúa impulsando medidas para promover a conciliación da vida laboral e familiar e, ademais, para ofrecer propostas de lecer en datas sinaladas. Proba deste compromiso será a organización dos campamentos de Nadal. Por unha banda, haberá unha oferta específica para os nenos e nenas nados entre o 2013 e o 2020. Pola outra, o Concello levará a cabo tamén un programa para os rapaces e rapazas nados entre o 2008 e o 2012.
O edil de Deportes e Xuventude, Francisco Bello, sinala a importancia de manter este tipo de iniciativas, coas que se busca “ofrecer alternativas de conciliación ás familias e garantir, no caso dos mozos e mozas, que haxa actividades de lecer que sexan do seu interese durante os períodos non lectivos”.
Para os máis pequenos Os campamentos para os nenos e nenas levaranse a cabo de luns a venres, de 7.30 a 16.30 horas, entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro (agás nos días festivos). Entre as 7.30 e as 10.00 horas terá lugar o programa Madrugadores, desde as 10.00 ata as 14.00 horas, serán as actividades do campamento e, por último, entre as 14.00 e as 16.30 horas é o tempo de xantar. As propostas de lecer consistirán na realización de actividades multideportivas, socioculturais e da práctica de deportes de inverno.
Propostas para os mozos
No caso dos maiores, as actividades terán lugar a cabo nas mesmas datas (do 22 ao 5 de xaneiro, agás nos festivos) e en horario de 10.00 a 14.00 horas. Estas desenvolveranse no Local Interxeracional de Carral, incluíndo propostas de tipo deportivo e tamén obradoiros e manualidades.
Prazo de inscrición
O prazo de solicitude estará aberto ata o martes, 19 de decembro, ás 14.00 horas. As inscricións poderán tramitarse a través do formulario en liña dispoñible na páxina web do Concello ou, de xeito presencial, na Casa da Cultura.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/Diseno-sin-titulo-12.png788940prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-12-12 11:37:192023-12-12 11:37:20CARRAL APOSTA POLA CONCILIACIÓN E POR OFRECER ACTIVIDADES DE LECER CO LANZAMENTO DOS SEUS CAMPAMENTOS DE NADAL
Carral abre hoxe, martes 12 de decembro, o prazo de solicitude dos campamentos de Nadal, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata as 14.00 h do 19 de decembro.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos de Mañanceiro (de 7.30 a 10.00 horas) e de Xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Estes campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas nados entre os anos 2013 e o 2020, terá unha temática deportiva, con especial atención aos deportes de inverno e as disciplinas locais. Ofertaranse 60 prazas, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.
Para inscribrise, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumplimentar o formulario online da web municipal.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/Campamentos-Deportivos-de-Nadal.jpg24801748Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-12-12 08:55:002023-12-12 09:05:10ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL
En cumprimento das bases reguladoras da “Campaña de Neve 2024” da Deputación da Coruña, comunícase a todos os interesados que o MARTES 5 DE DECEMBRO, ÁS 10.00 H NO SALÓN MUNICIPAL DE PLENOS terá lugar o SORTEO PÚBLICO DAS 6 PRAZAS ADXUDICADAS A ESTE CONCELLO, ASÍ COMO A ORDE DOS SUPLENTES.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-12-02 17:30:122023-12-04 17:36:53SORTEO DAS PRAZAS (6) DA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O Concello continúa a trabllar no impulso de medidas que promovan a actividade turística e comercial durante o Nadal. Así, ademais do concurso Tapeando Carral, o Concello porá en marcha unha nova edición da súa campaña Volve a Carral no Nadal, na que se repartirán 2.000 euros en premios ás persoas que fagan as súass compras nos negocios adheridos.
A iniciativa estará en funcionamiento durante un mes, entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2024. Durante esos días, as personas que fagan as súas compras nos comercios adheridos poderán optar a premios de entre 100 e 300 euros. En total, o Concello repartirá 30.000 rascas entre os que se encontrarán dous galardóns de 300 euros, catro de 200 e seis de 100. O funcionamento da iniciativa é sinxelo: as persoas que fagan o consumo mínimo recibirán un rasca. En caso de resultar agraciada, a persoa deberá entregar o boleto premiado no Concello, xunto co ticket de compra, ata o 30 de xaneiro. A cambio, expediráselle un cheque coa cuantía correspondente.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-12-02 15:21:532023-12-02 15:33:07O Concello repartirá 2.000 euros en premios durante a súa campaña de comercio Volve a Carral no Nadal
Carral celebrará hoxe, xoves 30 de novembro, ás 20.00 horas un pleno ordinario. Entre os puntos, o goberno local propoñerá a aprobación inicial da ordenanza reguladora da administración electrónica do Concello, unha iniciativa coa que o equipo de goberno busca “simplificar e axilizar a relación entre a cidadanía e a Administración local”. Con todo, este documento servirá tamén para facilitar a tramitación con outros organismos públicos, con sociedades mercantís e entidades privadas e cos adxudicatarios dos contratos de xestión de servizos públicos municipais.
Tal e como recolle a ordenanza, o Concello deberá garantir o acceso da cidadanía aos servizos electrónicos. Algo que se cumprirá coa posta en marcha de, polo menos, os seguintes medios: oficinas de atención presencial, puntos de acceso xeral electrónico aos distintos órganos do Concello e servizos de atención telefónica.
O documento está dividido en varios apartados nos que se especifican puntos como o procedemento administrativo electrónico, a sede, a identificación e firma, a difusión e acceso da información administrativa a través de medios electrónicos, o rexistro e as normas sobre organización.
Axente de emprego ADL
A maiores, o equipo de goberno elevará o ditame de ratificación da solicitude conxunta para seguir contando cun axente de emprego e desenvolvemento local. Grazas a un convenio subscrito cos Concellos de Oza-Cesuras e Coirós, Carral conta, desde o ano 2021, con esta figura. Con esta medida, o goberno busca seguir reforzando as áreas de emprego e promoción económica.
O traballador desempeña, entre outras, as seguintes funcións: promoción do emprendemento, asesoramento na posta en marcha de proxectos de empresa, apoio na xestión empresarial, difusión das diferentes formas de financiamento e subvencións existentes, identificación no territorio de novas oportunidades de negocio e emprego e, ademais, promoción e implantación de políticas activas de traballo.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/11/laptop-820274_1280.jpg8531280prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-11-30 18:43:422023-11-30 18:43:59O GOBERNO LOCAL ELEVARÁ A PLENO A APROBACIÓN DUNHA ORDENANZA PARA SIMPLIFICAR TRÁMITES ENTRE A CIDADANÍA E O CONCELLO
O Concello lanza unha nova edición do seu concurso Tapeando Carral, unha iniciativa coa que o goberno local busca un claro obxectivo: impulsar o consumo no tecido hostaleiro e dar a coñecer a ampla oferta do municipio. A iniciativa levarase a cabo entre o mércores, 6 de decembro, e o domingo, día 10, e contará coa participación de 12 locais que farán as delicias do público asistente.
O goberno local confía en que o certame acade unhas cifras de participación similares ás das edicións anteriores: “esperamos que haxa a mesma afluencia que nos últimos anos e que a medida sexa, unha vez máis, un revulsivo para promover o consumo nos establecementos, dándolle así máis vida ao pobo”.
Nesta ocasión, o certame municipal contará coa participación dos seguintes negocios: Boca Grande, Pizzería Centro, Bar Tropezón, Bar Adolfo, Vinoteca A Taberna XXI, Dopincho, Bodega O Alprende, Solpor, Bar Roel, O Lareiras, A Parola e Costa da Egoa.
O concurso levarase a cabo entre o mércores, 6 de decembro, e o domingo, día 10. O mércores, as elaboracións dos participantes poderán degustarse desde as 12.30 horas e o domingo, estarán dispoñibles só ata as 15.30 horas. O resto de días, o público poderá probar as receitas entre as 12.30 e as 15.30 horas e as 20.00 e as 23.00 horas.
Como en anteriores edicións, haberá premios tanto para os locais participantes como para os propios comensais. Por unha banda, os establecementos poderán optar ao premio á Tapa Máis Popular (elixida polos propios clientes) e ao de Mellor Tapa (neste caso, será un xurado profesional o que outorgue o galardón). Pola outra, unha vez que o cliente acade un número mínimo de selos diferentes terá a posibilidade de facerse tamén con agasallos e recompensas. Neste caso, a persoa terá que cumprir o cupón cos diferentes selos e depositalo nas furnas que estarán situadas nos negocios. O sorteo terá lugar o venres, 15 de decembro, a partir das 9.00 horas.
O concurso realízase en colaboración coas empresas Estrella Galicia, Exclusivas Rivas Suarez, Petroni, Eladio Otero e Azpilicueta.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/11/concurso_tapas_Carral_2022_15-scaled.jpg17092560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-11-29 17:58:052023-12-05 21:48:00TAPEANDO CARRAL, O CONCURSO PARA IR ABRINDO BOCA E IMPULSAR O CONSUMO NO TECIDO HOSTALEIRO ANTES DO NADAL
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.