• As actividades celebraranse o domingo, 19 de febreiro, no Campo da Feira

Carral xa ten todo organizado para festexar o seu particular Entroido que este ano contará con animación, moita música e cun desfile e concurso de disfraces no que se repartirán máis de 1.500 en premios. A cita será o domingo, 19 de febreiro, no Campo da Feira onde haberá carpa, bochinche e tamén bolos preñados.

As actividades comezarán ás 17:00 horas cos ‘Polis tolos’, quen poñerán o toque de humor e animación á tarde para, ás 18:00 horas, dar comezo ao desfile cuxa entrega de premios se realizará a partir das 20:30 horas.

A música soará desde as 19:00 horas coa actuación de Ángel Habana e tamén co espectáculo de Extraordinarios, previsto para as 23:00 horas.

Un concurso con máis de 1.500 euros en premios

Este ano o Concello repartirá un total de 1.600 euros en premios entre todas as categorías.

No caso dos disfraces infantís, recibirán agasallo os cinco nenos e nenas que vistan as súas mellores galas entroideiras. A maiores, outorgaranse outros nove premios entre as modalidades individual, por parellas e en grupo. Os galardóns serán os que a continuación se indican:

Categorías individual e por parellas:

1º premio: 150 euros

2º premio: 100 euros

3º premio: 50 euros

Categorías por grupos:

1º premio: 500 euros

2º premio: 300 euros

3º premio: 200 euros

As persoas participantes no concurso poderán comezar a desfilar a partir das 18:00 horas con saída desde o Campo da Feira. Desde ese punto, a comitiva pasará polas rúas Víctor Velasco, Manuel Ferrol, Paraíso e pola Avenida dos Mártires para voltar, de novo, ao punto de partida. Tras o remate do percorrido, un xurado encargarase de elixir aos reis e raíñas deste Entroido. Para este ditame o tribunal terá en conta aspectos como a orixinalidade, a simpatía, o vestiario e a maquillaxe das persoas participantes.

O prazo de inscrición para participar no concurso rematará o próximo venres, 17 de febreiro, ás 12:00 horas. Na páxina web municipal hai habilitado un formulario para anotarse que deberá ser remitido ao correo casadacultura@carral.es.

Máis información chamando ao teléfono 981 67 25 80.

O Concello de Carral contará este ano con novas sesións do programa ‘Coidados porta a porta’ da Xunta de Galicia.

Nesta ocasión o equipo encargado de prestar estes servizos de atención a persoas maiores estará en Carral os días 27 e 28 de abril e o 2 e 3 de maio; dúas xornadas máis con respecto ao ano pasado.

‘Coidados porta a porta’ é unha iniciativa posta en marcha para a veciñanza de máis idade que reside no rural e así poder previr a súa dependencia. Durante as sesións prestaranse servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Proximamente ofreceremos máis información sobre o programa, así como os horarios dispoñibles para a veciñanza de Carral e a forma de poder acudir a estes servizos.

Concurso Individual

  • 1º premio – 150 euros
  • 2º premio – 100 euros
  • 3º premio – 50 euros

Concurso en Parellas

  • 1º premio – 150 euros
  • 2º premio – 100 euros
  • 3º premio – 50 euros

Concurso en Grupos

  • 1º premio – 500 euros
  • 2º premio – 300 euros
  • 3º premio – 200 euros

Ademais, tamén haberá un Concurso Infantil no que se premiarán os 5 mellores disfraces con agasallos.

Para participar, cubre o formulario editable e envíao a casadacultura@carral.es

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 17 de febreiro ás 12:00 horas.

Máis información na Casa da Cultura ou no 981 672 580.

Abre o prazo de inscricións para apuntarse aos cursos que ofrece o Concello para preparar os exames que acaba de convocar a Xunta.

Formación con contido para os niveis 2 e 3 para despois poder acceder á formación dos certificados de profesionalidade de cualificación profesional.

As persoas interesadas poderán apuntarse ata 10 de febreiro ás 14.00 horas no Departamento de Educación e Emprego, nos teléfonos 981613520 ou 678338872 ou a través do correo electrónico: educacion@carral.es

O Concello de Carral abre o terceiro prazo de inscrición das Escolas Municipais para aquelas actividades nas que aínda quedan prazas dispoñibles.

As persoas interesadas poderán inscribirse entre o 10 e o 13 de xaneiro (ambos os dous incluídos). A matrícula pode formalizarse de maneira presencial na Casa da Cultura ou a través do correo electrónico casadacultura@carral.es. En ambos os casos, deberá cubrirse o boletín de inscrición correspondente.

PRAZAS VACANTES ESCOLAS MUNICIPAIS DE CARRAL

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

  • O Concello apalabrou a cita coas Súas Maxestades de Oriente para este xoves, 5 de xaneiro, a partir das 15.30 horas.

Carral, 3 de xaneiro de 2023. Os Reis Magos repiten, este ano, a súa tradicional cita en Carral, ofrecendo un percorrido por todas as parroquias do municipio. As Súas Maxestades de Oriente chegarán ao concello este xoves, 5 de xaneiro, cunha premisa clara: recoller os desexos de todos os nenos e nenas.

O percorrido dos Reis Magos incluirá as seguintes paradas:

  • O Xalo: 15.30 horas
  • Cabrois: 15.45 horas
  • Quembre: 16.00 horas
  • Tabeaio: 16.20 horas
  •  Barcia: 16.30 horas
  •  Gosende: 16.50 horas
  •  A Cabra: 17.00 horas
  •  Sergude: 17.15 horas
  • O Canedo: 17.30 horas
  • San Vicente de Vigo: 17.45 horas
  • As Travesas: 18.00 horas
  • Cañás: 18.15 horas
  •  Veira: 18.30 horas
  • Carral: 19.00 horas

Os horarios do percorrido son orientativos. En todo caso, a última parada do tour real será no Campo da Feira de Carral onde, desde as 18.00 horas, os cativos e cativas poderán gozar de xogos, de animación e, ademais, degustar o Roscón de Reis con chocolate.

  • A exposición recolle o traballo realizado pola artista Rosa Rey nos últimos cinco anos.

O Toñito Espiñeira acolle, desde onte, a exposición de pintura ‘Divertimento’, obra de Rosa Rey, veciña de Carral. A inauguración oficial correu a cargo do alcalde, Javier Gestal, do concelleiro de Cultura, Francisco Bello, e
da propia artista, así como dun nutrido grupo de asistentes que quixeron tomar parte na aterraxe desta mostra no concello. ‘Divertimento’ está conformada por 41 cadros que Rey realizou ao longo dos últimos cinco anos. Lonxe de ter un estilo pechado, a pintora empregou técnicas como a acuarela, a pintura acrílica e o óleo para dar forma ás obras.

A paixón desta veciña por esta disciplina artística comezou hai só uns anos: “comecei indo a clases con Kukas e, ao final, descubrín que tiña bastante potencial e, sobre todo, que me divertía. Precisamente, o nome da mostra vén dese divertimento que sinto ao pintar”.

Rosa Rey é, agora, unha artista prolífera que se atreve con técnicas moi diversas. Esta diversidade está tamén presente na temática dos cadros: “nas pinturas hai moitas paisaxes, bodegóns e tamén animais”. Dentro do catálogo, a artista recoñece que hai algunha obra inspirada en Carral: “hai un dunha árbore que está inspirada nas do Campo da Feira”, explica a autora.

As persoas interesadas poderán visitar a exposición ata o 20 de xaneiro de 10.00 a 14.00 horas. A maiores, Rosa Rey levará a cabo visitas guiadas os días 28 de decembro, 4 e 11 de xaneiro, de 18.00 a 20.00 horas.

Concello de Carral celebrou o 22 de decembro a súa I Gala do Deporte, na que se entregaron galardóns aos clubs e deportistas do municipio pola súa traxectoria deportiva.

Relación de premiados I Gala do Deporte

Unha vez rematado o prazo de inscrición no CAMPAMENTO DEPORTIVO DE NADAL, publícanse ás LISTAS das solicitudes admitidas:

  • Co seu “brioburguer de lacón”, Do Pincho conquistou o galardón popular.
  • Costa da Egoa fixo o propio co seu “petisco dos muíños”, levando o galardón dos expertos.

O III concurso de tapas Tapeando Carral concluíu xa deixando un bo sabor de boca aos gañadores desta edición: Do Pincho e Costa da Egoa. Por unha banda, coa súa elaboración ‘brioburguer de lacón’, Do Pincho conquistou o galardón popular. Costa da Egoa fixo o propio co seu ‘petisco dos muíños’, facéndose co premio que outorgaba un xurado de expertos.

O acto de entrega dos recoñecementos desta edición tivo lugar onte no salón de plenos. No mesmo estiveron presentes o alcalde, Javier Gestal, a concelleira de Facenda, Réxime Interior e Recursos Humanos, Susana Guimarey, e a concelleira de Comercio e Turismo, Mercedes Caridad. Durante o acto, o rexedor agradeceu a “enorme implicación dos locais participantes, sen cuxo esforzo non tería sido posible asinar tal éxito de asistencia”.

O evento serviu, así mesmo, para facer entrega dos premios ao público participante, doados polas compañías colaboradoras nesta terceira edición