A Biblioteca da Casa da Cultura abrirá a partir do 22 de xuño con todos os seus servizos, aínda que se manteñen restricións e recomendacións para evitar os efectos do open-book-1428428_1920coronavirus.

Os servizos que se prestarán serán os de préstamo, lectura en sala e uso de ordenadores públicos. O horario será de 10:00 a 14:00 h. de luns a venres. A biblioteca infantil situada na rúa do Castro permanecerá pechada, pero poderase dispor do seu fondo solicitando obras na da Casa da Cultura.

O protocolo que se manterá na Biblioteca é o seguinte:

  1. Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
  2. Servizos que se ofrecen:
    • Préstamo de libros e audiovisuais
    • Lectura en sala
    • Uso dos ordenadores públicos
  3. A atención ao público farase no mostrador da Biblioteca.
  4. O aforo queda fixado en 23 persoas.
  5. O uso da máscara é obrigatorio durante todo o tempo de permanencia nas instalacións da Casa da Cultura, incluída a Biblioteca.
  6. É obrigatorio a hixiene de mans á entrada da Biblioteca co hidroxel dispoñible no acceso.
  7. O préstamo farase nas seguintes condicións:
    • As persoas usuarias non terán acceso directo á colección .
    • Priorizarase a atención con cita previa, solicitando os exemplares desexados chamando ao 981 672 580 ou enviando un correo a biblioteca@carral.es.
    • Presencialmente poderase solicitar o préstamo de exemplares. Será o persoal da Biblioteca quen se encargue da busca e entrega da obra solicitada.
    • Para consultar o catálogo e dispoñibilidade de obras, accederase a https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.
    • Para a devolución de libros ou audiovisuais existen as seguintes opcións:
      1. Pódese depositar na caixa do correo da Casa da Cultura (sinalizado como “Buzón” xunto ás portas principais) en calquera horario.
      2. Se non require solicitar un novo préstamo, e dentro do horario de apertura da Casa da Cultura (de 9:00 a 14:00 h.), pódese deixar no mostrador da planta baixa
      3. Se require solicitar un novo préstamo, pódese facer no mostrador da Biblioteca.
  1. A lectura nas mesas realizarase nos postos sinalados, mantendo as distancias interpersoais coas restantes persoas e evitando colocar moitos obxectos (libretas, lapis, carteiras, lentes, teléfonos, ordenadores, tabletas…) enriba das mesas.
  2. Recoméndase que o tempo de lectura nas mesas ou butacas non supere as dúas (2) horas.
  3. Poderanse usar para a lectura as butacas, sen que se poidan desprazar.
  4. O uso dos ordenadores públicos estará restrinxido a 30 minutos por persoa.
  5. Se manteñen as prohibicións de comer ou beber na Biblioteca.
  6. Respecte a sinalización e as indicacións das bibliotecarias.

DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO VIRUS COVID-19 SUPERADA A 3ª FASE DA DESESCALADA  PARA A TRANSICIÓN CARA A UNHA NOVA NORMALIDADE (5º DECRETO DA ALCALDÍA-18 DE XUÑO DE 2020).

EXPEDIENTE: 2020/G003/000262

 

Logo de ditarse os meus decretos do 13 e do 16 de marzo para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19.

Logo de ver, asemade, o meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, ás condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia.

Logo de ver o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (e as súas sucesivas prórrogas, a última das cales abrangue até as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020) , en especial, o establecido no texto vixente do seu artigo 7 con respecto á limitación da liberdade de circulación das persoas.

O Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, preveu, no seu artigo 5, que a superación de todas as fases previstas no Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19, aprobado polo Consello de Ministros na súa reunión do 28 de abril de 2020, determinaría que quedasen sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma, segundo as decisións das Comunidades Autónomas (artigo 6) consonte criterios sanitarios e epidemiolóxicos, relativas á superación da fase III nas diferentes provincias, illas ou unidades territoriais da súa Comunidade e, polo tanto, a súa entrada na “nova normalidade”. O Consello da Xunta de Galicia apreciou, en acordo do 13 de xuño de 2020, como autoridade sanitaria, que a Comunidade Autónoma de Galicia, estaba en condicións de superar a fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19 e, o Presidente da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6.2 do Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, dispuxo formalmente, mediante o seu decreto 90/2020, do 13 de xuño, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 115 Bis, desa mesma data, a superación da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia do COVID-19, e, polo tanto, a entrada na “nova normalidade”, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020.

 

En aplicación de todo o antedito, no Diario Oficial de Galicia nº 115, do 13 de xuño, publicouse a  resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

Sendo por tanto necesario que o Concello de Carral adopte no seu territorio as medidas que, dentro do seu ámbito de competencias, contribúan no devandito senso e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e, en especial, as súas letras d) e m),

 

R E S O L V O

 

1.- Proceder, dende a data desta resolución, á reapertura das seguintes instalacións municipais do Concello de Carral:

 

Parques infantís

Pistas polideportivas ao aire libre (incluída a de skate e excluídas as de tenis e pádel)

Canchas de chave.

 

A súa utilización haberá de rexirse polo establecido nas disposicións aplicables a cada instalación no ANEXO I  a este decreto (no que se transcribe o punto 3.32  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG 115, do 13 de xuño) e o protocolo municipal do Concello de Carral que o desenvolve)

 

 2.- Proceder, dende o luns 22 de xuño de 2020, á reapertura das seguintes instalacións municipais do Concello de Carral:

 

Pavillón polideportivo do Espiño

Campo municipal de fútbol Borja Rodríguez Ans

Galería municipal de tiro olímpico

 

A súa utilización haberá de rexirse polo establecido nas disposicións aplicables a cada instalación no ANEXO I a este decreto (no que se transcribe o punto 3.32  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG 115, do 13 de xuño) e o protocolo municipal do Concello de Carral que o desenvolve)

 

3.- Proceder, dende o luns 22 de xuño de 2020, á reapertura da Biblioteca municipal do Concello de Carral (excluida a biblioteca infantil).

 

A súa utilización haberá de rexirse polo establecido no ANEXO II  a este decreto (no que se transcribe o punto 3.14  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG 115, do 13 de xuño) e o protocolo municipal do Concello de Carral que o desenvolve)

 

4.- En relación cos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), seguirán realizándose, até novo aviso, nas condicións establecidas no meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á súa reapertura [nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, coas condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia].

 

5.-Manifestar que se prevé a reapertura dende o 01 de xullo das seguintes instalacións do Concello de Carral, mais que non se realizará sen que se confirme de forma previa mediante novo decreto desta Alcaldía:

 

Pistas de tenis

                Pistas de pádel

                Piscina municipal

Ximnasio do complexo deportivo municipal (agás o spa, que permanecerá pechado até novo aviso).

 

6.- Reiterar á cidadanía que, até novo aviso, reabriranse ao público a Casa do Concello, o Edificio Toñito Espiñeira (departamento de Servizos Sociais do Concello) a Casa da Cultura e o Local Interxeracional, nas seguintes condicións:

O horario de apertura ao público será, de luns a venres (non festivos), de 09 a 14 horas.

 

6.1).-Atenderase aos veciños preferentemente por medios telefónicos e telemáticos:

Casa do Concello:

Teléfono: 981 670 002

Correo electrónico: correo@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Edificio Toñito Espiñeira. Servizos Sociais

Teléfono: 981 613 520

Correo electrónico: serviciossociales@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Casa da Cultura

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: cultura@carral.es ; deportes@carral.es ; biblioteca@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

(A biblioteca municipal rexerase polo indicado no punto 3 desta resolución)

Local Interxeracional

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: omix@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

O local non realizará as actividades habituais ata que as condicións recomendadas o permitan, polo que o andar baixo permanecerá pechado ao público. Provisoriamente só estará aberto ao público o andar superior, onde se fará tanto atención telemática como atención presencial.

6.2).- Para ser atendidos de xeito presencial, recoméndase obter CITA PREVIA polos medios indicados.

Asemade, habilitouse na sede electrónica do Concello de Carral unha aplicación específica para a solicitude de cita previa para todos os departamentos municipais:

https://sede.carral.es/opencms/es/cita/index.html

 

7.-As restantes instalacións municipais non mencionadas nos puntos anteriores desta resolución permanecerán pechadas ao público até novo aviso.

 

8.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación.

 

9.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo  entre a poboación do municipio.

Carral, na data de sinatura dixital que figura á marxe

O ALCALDE

Francisco Javier Gestal Pose

Visto o decreto,O SECRETARIO
Diego García Doval

 

 

ANEXO I

 

PARQUES INFANTÍS E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

 

Puntos 3.20 e 3.32  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño)

 

3.20. Actividade e instalacións deportivas.

 

1.-A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea. Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata vinte e cinco persoas, sen contacto físico, e sempre que non se superen os dous terzos da capacidade máxima permitida.

 

2.-Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

 

3.-Cada instalación deportiva deberá publicar un protocolo para coñecemento xeral dos seus usuarios e que recollerá as distintas especificacións en función da tipoloxía de instalacións que, de ser o caso, poidan preverse nun protocolo básico aprobado polo Centro de Coordinación Operativa por proposta da Secretaría Xeral para o Deporte.

 

4.-Nas instalacións deportivas a actividade física e deportiva estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso:

 

a).-Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.

 

b).-As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin.

 

c).-Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.

 

d).-Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos hidroxeles que deberán estar dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto.

 

e).-Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, utilizar máscara.

 

f).-Utilizarase a máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, salvo que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.

 

5.-Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración

 

3.32. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

 

1.-Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

 

2.-Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal ou, no seu defecto, a utilización de medidas alternativas de protección física.

 

3.-Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparatos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.

 

4.-Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.”

 

 

Protocolo básico de actuación apertura de instalacións deportivas municipais do Concello de Carral (pistas deportivas ao aire libre, canchas de chave, pistas de tenis, pistas de pádel, pista Skate, galería de tiro olímpico, campo de fútbol e pavillóns deportivos)

 

A).-Normas xerais e características para o uso das instalacións deportivas municipais.

1.-Todas as instalacións deportivas municipais abrirán só unha vez se decrete e comunique dita  apertura desde o Concello de Carral.

2.-As instalacións ás que se refire este protocolo son: pistas deportivas ao aire libre, canchas de chave, pistas de tenis, pistas de pádel, campo de fútbol e pavillóns deportivos.

3.-A práctica da actividade física e deportiva non federada, nas instalacións ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea. Nas instalacións pechadas, como condicionante do anterior, non se deberá superar o 75 % do aforo.

4.-Poderase realizar actividade de adestramento de tipo medio (actividade individual) e realización de accións tácticas específicas, sempre garantindo a distancia social

5.-Non se poderá facer uso dos vestiarios nin bancadas, nin ambigús sociais.

6.-Con carácter xeral, non está permitido compartir ningún material de adestramento. No caso de non ser posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.

7.-Na medida do posible, cada entidade traer e levar o seu propio material de adestramento, que  deberá desinfectar o ao finalizar cada sesión de traballo.

8.-As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin.

9.-Nos pavillóns e campo de fútbol, o calzado deportivo para adestramento será distinto ao calzado de acceso á instalación e os usuarios/ as virán vestidos coa roupa que utilizarán para os adestramentos.

10.-Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.

11.-Nas instalacións cubertas e con control de acceso por parte do concello, antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos hidroxeles.

12.-O uso das máscaras é obrigatorio durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, non así durante a práctica deportiva.

13.-Cando os houbera, os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter as medidas de seguridade necesarias, preferiblemente o distanciamento social ou, de non ser posible, o uso de máscara.

14.-NON  está permitido nin o acceso nin a permanencia de público (espectadores, pais/nais, e outros acompañantes non esenciais para a práctica deportiva) ás instalacións deportivas municipais. O acceso dos/as deportistas menores de idade, quedará baixo o control dos adestradores/as de cada sesión.

15.-Todas as entidades deportivas federadas que soliciten o uso das Instalacións deportivas municipais presentarán un protocolo básico adaptado a súa práctica deportiva específica, onde deberá aparecer a lo menos:

a).-Persoa RESPONSABLE da vixilancia e cumprimento do protocolo da entidade. Esta persoa ademais comunicará ao servizo municipal de deportes calquera incidencia que se producise na instalación ou na práctica deportiva relativa a estas medidas de seguridade.

b).-Relación de deportistas ( nome e apelidos, DNI, categoría, horario e responsable do grupo).

c).-Dita documentación será enviada ao servizo municipal de deportes mediante correo electrónico polo menos con 24 horas de antelación para a correspondente autorización municipal. A entidade estará obrigada a gardar e custodiar a relación de usuarios/ as.

16.-Non se poderá acceder á instalación sen autorización municipal.

17.-As entidades garantirán o lavado de mans cos hidroxeis dos seus deportistas cando accedan e abandonen ás instalacións deportivas, así como o uso da máscara nas zonas comúns e que se manteña a distancia social de 1,5 m. Vixiará tamén que os seus deportistas ou representantes NON accedan ás instalacións con síntomas compatibles co  Covid -19.

 

B).-Normas específicas para as pistas deportivas ao aire libre, pistas de tenis, pista de skate e canchas de chave.

1.-A apertura destas instalacións está dirixida á veciñanza en xeral cuxa intención sexa a práctica da actividade física e/ou deportiva.

2.-O aforo destas instalacións deberá respectar a norma de 4 m2 por usuario, ata un máximo de 25 persoas de xeito simultáneo.  A práctica da actividade física e deportiva poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico

3.-Deberase manter a distancia interpersoal de seguridade de 1,5 m, e se non fose posible deberase usar máscara.

4.-Non se establece un horario de uso definido para estas instalacións.

5.-Naquelas instalacións que o permitan, usarase unha porta de entrada e outra de saída.

6.-Os vestiarios dos locais sociais das pistas ao aire libre permanecerán pechados.

 

C).-Normas específicas para os pavillóns deportivos, galería de tiro olímpico, pistas de pádel e campo de fútbol municipais.

 

1.-A apertura deste tipo de instalacións diríxese unicamente aos clubs e entidades deportivas sitas no concello de Carral.

2.-A práctica da actividade física e deportiva non federada poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea. O aforo non se deberá superar o 75 % do aforo, respectando sempre a premisa de 4 m2 por deportista.

3.-A entrada e saída aos pavillóns farase na medida do posible por distintas portas. De non ser posible, farase por quendas, para evitar a aglomeración dos deportistas.

4.-Cando os deportistas entren na instalación deberán lavar as mans con hidroxeles, e desinfectar o calzado nun felpudo previsto para esa función. Antes de abandonar a instalación, os usuarios deben desinfectar as mans con hidroxeles.

5.-O uso das máscaras é obrigatorio durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, non así durante a práctica deportiva.

6.-Non se poderá facer uso dos vestiarios nin bancadas, nin ambigús sociais.

7.-Con carácter xeral, non está permitido compartir ningún material de adestramento. Na medida do posible, cada entidade deberá traer e levar o seu propio material de adestramento, que  terá que desinfectar o ao finalizar cada sesión de traballo.

8.-Establecerase unha zona para depositar as bolsas, mochilas ou efectos persoais durante o adestramento.

9.-O calzado deportivo para adestramento será distinto ao calzado de acceso á instalación e os usuarios/ as virán vestidos coa roupa que utilizarán para os adestramentos.

10.-Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter as medidas de seguridade necesarias, preferiblemente o distanciamento social ou, de non ser posible, o uso de máscara.

11.-Cada club deberá presentar un protocolo segundo se describe anteriormente nas normas xerais.

12.-NON  está permitido nin o acceso nin a permanencia de público (espectadores, pais/nais, e outros acompañantes non esenciais para a práctica deportiva) ás instalacións deportivas municipais. O acceso dos/as deportistas menores de idade, quedará baixo o control dos adestradores/as de cada sesión.

13.-Non se permite compartir a sesión de adestramento con deportistas doutras entidades, exceptuando as actividades propias de campus ou campamentos deportivos que dispoñan de autorización municipal, que requirirán un protocolo específico que a entidade organizadora deberá presentar ao servizo municipal de deportes.

14.-Existirá un tempo de 15 minutos entre os diferentes grupos de adestramento para garantir unha entrada e saída segura dos diferentes grupos de deportistas, ou de ser preciso, a correspondente desinfección.

15.-O uso destas instalacións será previa solicitude na que se detallará os grupos, as horas solicitadas e a relación de todos os usuarios nesa franxa horaria.

16.-O cobro polo aluguer das instalacións farase mediante transferencia ou tarxeta bancaria, nunca en metálico.

17.-Os horarios de uso destas instalacións:

De 10.00 – 14.00 h e de 16.00 – 22.00 h

Cun máximo de 25 usuarios por franxa horaria.

 

 

ANEXO II

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL

 

Punto 3.14  da Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade , pola que se dá publicidade Ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (DOG 115, do 13 de xuño)

 

3.14. Bibliotecas.

1.-As bibliotecas, tanto de titularidade pública como privada, prestarán os servizos para as actividades de préstamo e devolución de obras, lectura en sala, información bibliográfica e bibliotecaria e préstamo interbibliotecario, así como o resto de actividades ordinarias propias do servizo bibliotecario, sen que na ocupación de salas podan superar o setenta e cinco por cento sobre a súa capacidade ou capacidade máxima permitida Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nelas.

2.-Poderase facer uso dos medios tecnolóxicos das bibliotecas destinados para o uso público, así como de catálogos de acceso público en liña, catálogos en fichas da biblioteca ou publicacións electrónicas.

3.-Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

4.-Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.”

 

Protocolo básico de actuación apertura da Biblioteca  municipal do Concello de Carral

 

A Biblioteca municipal (Casa da Cultura) abrirá ao público nas seguintes condicións:

1.-Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.

2.-Servizos que se ofrecen:

Préstamo de libros e audiovisuais

Lectura en sala

Uso dos ordenadores públicos

3.-A atención ao público farase no mostrador da Biblioteca.

4.-O aforo queda fixado en 23 persoas.

5.-O uso da máscara é obrigatorio durante todo o tempo de permanencia nas instalacións da Casa da Cultura, incluída a Biblioteca.

6.-É obrigatorio a hixiene de mans á entrada da Biblioteca co hidroxel dispoñible no acceso.

7.-O préstamo farase nas seguintes condicións:

a).-As persoas usuarias non terán acceso directo á colección .

b).-Priorizarase a atención con cita previa, solicitando os exemplares desexados chamando ao 981 672 580 ou enviando un correo a biblioteca@carral.es.

c).-Presencialmente poderase solicitar o préstamo de exemplares. Será o persoal da Biblioteca quen se encargue da busca e entrega da obra solicitada.

d).-Para consultar o catálogo e dispoñibilidade de obras, accederase a https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.

e).-Para a devolución de libros ou audiovisuais existen as seguintes opcións:

e.1).-Pódese depositar na caixa do correo da Casa da Cultura (sinalizado como “Buzón” xunto ás portas principais) en calquera horario.

e.2).-Se non require solicitar un novo préstamo, e dentro do horario de apertura da Casa da Cultura (de 9:00 a 14:00 h.), pódese deixar no mostrador da planta baixa.

e.3).-Se require solicitar un novo préstamo, pódese facer no mostrador da Biblioteca.

8.-A lectura nas mesas realizarase nos postos sinalados, mantendo as distancias interpersoais coas restantes persoas e evitando colocar moitos obxectos (libretas, lapis, carteiras, lentes, teléfonos, ordenadores, tabletas…) enriba das mesas.

9.-Recoméndase que o tempo de lectura nas mesas ou butacas non supere as dúas (2) horas.

10.-Poderanse usar para a lectura as butacas, sen que se poidan desprazar.

11.-O uso dos ordenadores públicos estará restrinxido a 30 minutos por persoa.

12.-Se manteñen as prohibicións de comer ou beber na Biblioteca.

13.-Respecte a sinalización e as indicacións das bibliotecarias.

 

DECRETO 261-2020 Medidas COVID19 (5º decreto)

Co inicio da crise sanitaria, o Concello de Carral puxo en marcha diferentes medidas para frear o impacto o COVID-19 no municipio. Entre elas, o goberno local arrincou un servizo de impresión e repartición a domicilio de tarefas escolares para as familias con menos recursos de Carral. Agora, co fin do ano académico, o Concello clausura a esta prestación, da que se beneficiaron medio centenar de alumnos e alumnas de educación Primaria e Secundaria.

Como indica o goberno local, o obxectivo era que “o alumnado puidese continuar coa súa formación a distancia. Non queriamos que a emerxencia sanitaria frease a súa aprendizaxe”.

De acordo co equipo docente, os centros de ensino remitían ao Concello as tarefas e os datos de cada estudante para realizar as entregas todos os martes. En total, esta prestación funcionou durante 12 semanas.

A maiores, o persoal municipal asumiu tamén a repartición a domicilio de libros, cadernos e material de actividades extraescolares.

Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. Alcalde dos aspirantes con maior puntuación para cubrir os postos de albaneis e electricista.

Confíreselle a todos os interesados un prazo de dous días hábiles (18 e 19 de xuño de 2020) para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto sétimo das bases que rixen esta contratación.

ACTA.doc

Por decreto da alcaldía do 16 de xuño de 2020 resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos dos candidatos presentados no procedemento de selección para a contratación laboral temporal de tres albaneis e un electricista (oficiais de segunda), a xornada parcial, durante seis meses, ao abeiro do programa PEL-Concellos 2020, así como nomear aos membros do tribunal e fixar o dia e a hora da entrevista profesional.

Co fin de dar cumprimento ao establecido no punto sétimo das bases que rexen a contratación públicase o presente anuncio.

hora e lugar entrevista

DECRETO 259-2020 Admitidos excluidos definitivos, tribunal, entrevista selección 4 oficiais PEL 2020

 

O Concello de Carral celebrou hoxe, luns 15 de xuño, un pleno extraordinario no que se aprobaron, de xeito inicial, os orzamentos de 2020. Con respecto ao 2019, o apartado de gastos experimentou un crecemento dun 0,87%, ascendendo a 5.492.626,02 euros, mentres que o de ingresos subiu un 3,28%, chegando aos 5.629.418,77 euros. Desta forma, o documento orzamentario reflicte un superávit por importe de 136.792,75 euros, necesario para facer fronte ao remanente de tesourería negativo derivado da liquidación do exercicio de 2019.

Trátase, tal e como inciden desde o goberno local, dunha proposta orzamentaria que “estivo moi condicionada pola débeda contraída polo anterior goberno”. Así mesmo, sinalan que “se produciu un atraso na aprobación do documento debido á emerxencia sanitaria. A mesma semana na que se decretou ou estado de alarma tiñamos a mesa laboral previa á presentación do presuposto non pleno”. A emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus supuxo “a modificación dos orzamentos para adaptar as partidas ao protocolo de actuación do COVID-19”.

Para facer fronte á crise sanitaria, o goberno local tivo que anular partidas de festas, eventos e excursións, destinando estas contías a Servizos Sociais, así como á adopción doutras medidas de carácter urxente para paliar os efectos do COVID-19 no municipio: apoio á conciliación, adaptación das instalacións, formación e adquisición de EPIS para traballadores/ as, etc. Dentro de Servizos Sociais, a partida de Emerxencia Social pasou dos 10.000 euros do 2019 aos 51.000 euros consignados no orzamento de 2020. Así mesmo, aumentouse o importe do Comedor sobre rodas, que pasou do 750 euros (2019) aos 1.800 euros de 2020. Por último, a partida de dependencia pasou dos 160.000 euros, no 2019, aos 380.000 euros do exercicio actual e libre concorrencia de 190.000 (2019) a 280.000 (2020).

Un millón en investimentos

O documento do 2020 presenta un estado de gastos que ascende a 5.492.626,02 euros. Como parte do informe, o Concello aposta polos investimentos, que ascenden a máis de 1 millón de euros. Esta suma utilizarase para levar a cabo proxectos que sirvan para incrementar e mellorar os servizos e infraestruturas para os veciños e veciñas do municipio. Entre eles, destacan os que se acometerán a través dos fondos provinciais do POS+2020 da Deputación da Coruña: acondicionamento do pavillón polideportivo municipal O Espiño, construción dun muro de contención de granito, acondicionamento da contorna para aparcamento no lugar de Bacelo (Santa Baia de Cañás) e mellora da senda peonil de acceso ao área recreativa da Brexa.

O documento de 2020 reflicte tamén un aumento do Gasto de Persoal (1.820.331,10 euros) debido á suma de dúas prazas de Policía e un electricista. Así mesmo, preséntase tamén un lixeiro incremento do gasto en Bens Correntes e Servizos (1.886.572,94 euros).

DECRETO DA ALCALDÍA

ASUNTO: MEDIDAS DO CONCELLO DE CARRAL EN RELACIÓN COA EMERXENCIA DE SAÚDE PÚBLICA CAUSADA POLO VIRUS COVID-19 -3ª FASE DA DESESCALADA (4º DECRETO DA ALCALDÍA-11 DE XUÑO DE 2020).

EXPEDIENTE: 2020/G003/000251

 

Logo de ditarse os meus decretos do 13 e do 16 de marzo para a adopción de medidas do Concello de Carral en relación coa emerxencia de saúde pública causada polo virus COVID-19.

 

Logo de ver, asemade, o meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á reapertura dos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, ás condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia.

 

Logo de ver o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (e as súas sucesivas prórrogas, a última das cales abrangue até as 00:00 horas do día 21 de xuño de 2020) , en especial, o establecido no texto vixente do seu artigo 7 con respecto á limitación da liberdade de circulación das persoas.

 

Tendo en conta, asemade, a “Orden SND/399/2020, de 9 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional, establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 1 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad”, no seu texto vixente na data tralas súas diversas modificacións ( a última das cales-ata a data- realizouse por medio daOrden SND/458/2020, de 30 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 3 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad.”, publicada no BOE nº 153, do 30 de maio de 2020, e que inclúe ás catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia no seu ámbito de aplicación.

 

Sendo por tanto necesario que o Concello de Carral adopte no seu territorio as medidas que, dentro do seu ámbito de competencias, contribúan no devandito senso e, en uso das atribucións que me confere o artigo 21.1.da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

 

R E S O L V O

 

1.- Reiterar, até novo aviso,  as cancelacións e suspensións de actividades organizadas polo Concello de Carral  indicadas nos puntos 1 a 3 do meu decreto do 13 de marzo de 2020,

 

2.- En relación cos mercados tradicionais que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública (feira ou mercadillo), seguirán realizándose, até novo aviso, nas condicións establecidas no meu decreto 193/2020, do 11 de maio, polo que resolvín proceder, dende o 13 de maio de 2020, á súa reapertura [nos días en que se viñan realizando no Concello de Carral (4, 13 e derradeiro domingo do mes), nas condicións establecidas en tal decreto, de acordo coa Orden SND/399/2020, de 9 de mayo e, no que non se opoña a ela, coas condicións de celebración dos mercados fixadas no artigo 2, apartado 3 da Orde do 23 de marzo de 2020 da Xunta de Galicia].

3.- Indicar á cidadanía que, até novo aviso, reabriranse ao público a Casa do Concello, o Edificio Toñito Espiñeira (departamento de Servizos Sociais do Concello) a Casa da Cultura e o Local Interxeracional, nas seguintes condicións:

O horario de apertura ao público será, de luns a venres (non festivos), de 09 a 14 horas.

3.1).-Atenderase aos veciños preferentemente por medios telefónicos e telemáticos:

Casa do Concello:

Teléfono: 981 670 002

Correo electrónico: correo@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Edificio Toñito Espiñeira. Servizos Sociais

Teléfono: 981 613 520

Correo electrónico: serviciossociales@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

Casa da Cultura

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: cultura@carral.es ; deportes@carral.es ; biblioteca@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

A entrega e recollida de libros da biblioteca realizarase na recepción do edificio baixo o protocolo establecido e anunciado na páxina web do Concello de Carral  e sempre con cita previa. Non se permite subir á biblioteca.

Local Interxeracional

Teléfono: 981 672 580

Correo electrónico: omix@carral.es

Sede electrónica:  http://sede.carral.es

O local non realizará as actividades habituais ata que as condicións recomendadas o permitan, polo que o andar baixo permanecerá pechado ao público. Provisoriamente só estará aberto ao público o andar superior, onde se fará tanto atención telemática como atención presencial.

3.2).- En caso de imperiosa necesidade de ser atendidos de xeito presencial, será imprescindible obter CITA PREVIA polos medios indicados.

Asemade, habilitouse na sede electrónica do Concello de Carral unha aplicación específica para a solicitude de cita previa para todos os departamentos municipais:

https://sede.carral.es/opencms/es/cita/index.html

3.- Todo o persoal municipal prestará os seus servizos no horario ordinario e nas condicións de presencialidade e/ou teletraballo establecidas pola Xefatura de persoal do Concello.

4.- Reanúdanse as sesións ordinarias dos órganos colexiados municipais, que convocará esta Alcaldía (Xunta de Goberno Local, Pleno da Corporación, Comisións Informativas).

5.- Este decreto entrará en vigor dende a súa emisión e manterá a súa vixencia até novo aviso, en función das directrices que emitan as autoridades sanitarias e demais competentes segundo a evolución da situación.

6.- Comunicar este decreto aos servizos municipais (que haberán de transmitilo, pola súa banda, aos diferentes prestadores dos servizos afectados), e publicalo na páxina web do Concello de Carral, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e difundilo  entre a poboación do municipio.

 

DECRETO 251-2020 Medidas COVID19 (4º decreto)

Por decreto da alcadía nº 245/2020, do 10 de xuño, resolveuse aprobar a listaxe provisional de admitidos e excluídos dos candidatos/as presentados  para a contratación laboral temporal de catro oficiais de segunda (tres albaneis e un electricista) , a xornada parcial, ao abeiro do programa PEL-Concellos 2020

Outórgaselle aos interesados un prazo de DOUS DÍAS HÁBILES para reclamacións ou coreccións segundo o establecido nas bases que rexen o procedemento.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal no 981670002

 

Modelo Decreto adm.provisional

De acordo coa Lei 7/2012, do 28 de xuño de montes de Galicia, deberase presentar comunicación previa ao Concello para a realización de cacharelas na festividade de San Xoán.

Esta comunicación previa só será para espazos privados. Non se dará autorización para fogueiras en espazos públicos.

Isto estará suxeito ás condicións legais relacionadas co estado de alarma e demais medidas sanitarias relacionadas co COVID-19 vixentes no momento.

Os veciños e veciñas que precisen máis información poderán contactar co servizo de Medio Ambiente do Concello de Carral no teléfono 678 33 88 96.

A Biblioteca municipal da Casa da Cultura retoma a súa actividade a partir do luns 8 de xuño. Farao co servizo de préstamo que se realizará coas seguintes premisas:Casa Cultura Carral - 5w

Servizo de préstamo (só na biblioteca da Casa da Cultura):

  • Realizarase con cita previa chamando ao 981 672 580 entre as 8:30 e as 14:00 h. de luns a venres.
  • O horario para a entrega de libros previamente solicitados será entre as 10:30 e as 13:30 h. de luns a venres.
  • A devolución de exemplares pódese facer no buzón externo da Casa da Cultura a calquera hora.
  • Para a consulta de dispoñibilidade e reserva dos libros desexados, accederase ao catálogo en liña a través da páxina web https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.
  • En caso de problemas para o acceso en liña ao catálogo, as persoas interesadas poderán consultar a dispoñibilidade telefonicamente ou no correo biblioteca@carral.es indicando o título e autor/a do libro ou título do audiovisual.
  • Pódense solicitar tamén libros e audiovisuais dispoñibles do catálogo infantil.
  • Servizos NON dispoñibles:
    • Visita á biblioteca infantil
    • Lectura na sala
    • Consulta presencial do fondo
    • Uso dos ordenadores públicos

Observacións e normas xerais:

  • Se ten síntomas ou está diagnosticado de Covid-19, non acuda á biblioteca.
  • O servizo de préstamo bibliotecario realizarase no mostrador da recepción da Casa da Cultura.
  • Só se permite a presenza no interior da Casa da Cultura dunha persoa.
  • A Casa da Cultura permanecerá pechada para os restantes servizos que habitualmente presta.
  • As persoas con cita previa non serán atendidas antes da hora fixada, e deberán agardar no exterior da Casa da Cultura a que sexan convidadas a acceder ao interior. Mentres agardan, respectarán a distancia de seguridade interpersoal.
  • Para a recollida de libros será necesario presentar o carné da biblioteca.
  • Recoméndase que acudan en solitario á biblioteca.
  • Os menores de 14 anos acudirán acompañados dun adulto responsable.
  • É obrigatorio o uso de máscara de seguridade.
  • Recoméndase limpar as mans con hidroxel tanto ao acceder como ao abandonar a Casa da Cultura.
  • Non se poderá facer uso dos aseos.
  • Permaneza nas dependencias o tempo exclusivamente necesario para o trámite do préstamo.
  • Siga en todo momento as indicacións do persoal.

Segundo avance o proceso de desescalada das medidas protectoras contra o Covid-19, o Concello de Carral irá recuperando servizos da biblioteca que se irán comunicando con antelación.