Por decreto da alcadía nº 291/2019, do 4 de xullo, resolveuse elevar a definitiva a listaxe de candidatos admitidos provisionalmente e a súa aprobación así como nomear os membros do tribunal e fixar o dia e a hora da entrevista profesional para a contratación laboral temporal de catro traballadores, albaneis (un oficial de primeira, un oficial de segunda e dous peóns), a xornada copleta, durante catro meses, ao abeiro do programa PEL-Concellos 2019.

Por todo iso, emprázase aos admitidos para que o vindeiro luns día oito de xullo comparezan a última fase do procedemento.

Para calquera dúbida ou aclaración pode chamar ao 981670002

20114_Modelo Decreto

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, publica:

–DOG nº124 do martes 2 de xullo de 2019

RESOLUCIÓN POLA QUE SE REGULAN AS SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NAS ÁREAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

AnuncioC3Q2-210619-0004_gl

Francisco Javier Gestal Pose, alcalde do Concello de Carral, por medio do presente bando, fai saber:

Os propietarios de terreos (incluídas as zonas lindantes cos viais) teñen a obriga de mantelos limpos de maleza por seguridade, salubridade e prevención de incendios.
En caso de incumprimento o Concello, de acordo ca lei, poderá iniciar expediente de sanción e límpialo con cargo ao propietario

Máis información no servicio de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

A pasada semana tivo lugar a clausura das actividades do club de lectura de Carral deste curso 2018/2019.IMG-20190619-WA0009

O club de lectura, que comezou a súa andaina hai dous anos, forma parte das actividades desenvolvidas dende a Biblioteca Municipal e na actualidade está formado por quince participantes que se reúnen dúas veces ó mes.

Será no vindeiro mes de outubro cando retome a súa actividade con novas lecturas.

Por decreto da alcaldía nº 260/2019, do 20 de xuño de 2019, aprobáronse as bases que rexerán a contratación de un/ha auxiliar de biblioteca subvencionada pola Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de Integración Laboral, PEL-CONCELLOS 2019.

Trataríase dun contrato de obra ou servizo determinado, a xornada parcial, durante seis meses, suxeito ás condicións das bases que rexen a contratación e a subvención da Excma. Deputación.

O prazo para a presentación de instancias será de tres días hábiles dende a publicación deste anuncio no taboleiro e na web do Concello; isto é, ata o vindeiro 27 de xuño de 2019 incluído.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a catorce horas.

bases auxiliar biblioteca

Por decreto da alcaldía nº 262/2019, do 21 de xuño de 2019, aprobáronse as bases que rexerán a contratación de catro traballadores (un oficial de primeira, un oficial de segunda e dous peóns (albaneis)) para a cuadrilla de obras do Concello subvencionada pola Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de Integración Laboral, PEL-CONCELLOS 2019.

Trataríase dun contrato de obra ou servizo determinado, a xornada completa, durante catro meses, suxeito as condicións das bases que rexen a contratación e a subvención da Excma. Deputación.

O prazo para a presentación de instancias será de tres días hábiles dende a publicación deste anuncio no taboleiro e na web do Concello; isto é, ata o vindeiro 27 de xuño de 2019 incluído.

Se as persoas interesadas desexan optar a máis dun posto deberán presentar unha instancia por cada un deles.

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de Persoal do Concello de Carral en horario de nove a catorce horas.

bases albaneis

no way carral baixaO fotógrafo coruñés Xavi Gantes expón na sala do edificio social Toñito Espiñeira ata o 2 de xullo. A mostra, titulada No way, ofrece imaxes de rúa, na que os sinais de tráfico protagonizan o significado de cada obra. Gantes manexa a xeometría, a cor e a luz para que cada fotografía se converta nunha obra atractiva desde o estético e o conceptual.

Xavi Gantes ofrecerá unha visita guiada ás persoas que se acheguen á exposición o mércores 19 de xuño, entre as 20:00 e as 20:30 h. Esta actividade permite aos interesados na mostra, coñecer os procesos creativos e os motivos inspiradores de cada obra, comentados polo propio autor. O diálogo coas persoas asistentes contribúe a un maior desfrute e comprensión da exposición,

Na fin de semana do 29 e 30 de xuño, Gantes ofrece tamén un curso de fotografía de rúa. Terá lugar na Casa da Cultura de Carral, cunha sesión o domingo pola feira. Está dirixida a persoas de calquera nivel de dominio da fotografía e que dispoñan de cámara. As sesións do curso serán o sábado pola mañá e a tarde e domingo pola mañá. O prezo do curso, no que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Carral, é de 40 euros. As inscricións deberán facerse na Casa da Cultura (tel. 981 672 580).

Xa case coma unha tradición, este ano regresamos ó Aquapark de Cerceda. Nesta ocasión será o día 27 de xuño.

Esta excursión, organizada pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil), está dirixida as rapazas e rapaces de entre 8 e 17 anos que sairán as 11:15 h. desde a Casa da Cultura, a onde tamén regresarán, sobre ás 19:30 h.

Abriremos un prazo de inscrición entre o 10 e o 25 de xuño, para o que aconsellamos non demorarse, xa que as prazas son limitadas. O prezo é de 8 euros.

Hai unha serie de recomendacións para pasar o día no parque acuático, non esquezas levar protección solar, nin unha gorra nin unhas chancletas e a toalla, e por suposto tampouco a túa comida.

Se precisas máis información podes chamar ó 981.67.25.80, ou pasarte pola Casa da Cultura, lugar ao que debes acudir se te queres inscribir.

Cartel (imaxe)

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) desenvolve desde hai uns anos proxectos de voluntariado europeo, para que mozos e mozas poidan realizar un voluntariado en algún país da Unión Europea.
Nesta ocasión estamos a desenvolver un proxecto conxunto co Concello de Prato (Italia), e co de Malta, no que un mozo ou moza, poderá realizar un servizo de voluntariado nalgunha destas localidades, por un período de 6 meses, entre setembro de 2019 e marzo de 2020.
Para explicar o proxecto e para saber como funciona este programa de voluntariado, o vindeiro xoves 13 de xuño, a partir das 19:00 h. levaremos a cabo unha sesión informativa no Local da Xuventude, na que explicaremos en que consiste este proxecto, cales son as condicion do voluntariado, o aloxamento, a manutencion, etc. e responderemos a todas as dubidas que poidades ter.
Se estás interesado/a, pásate!

Cartel (Imaxe)