Abrirase un novo prazo de inscrición entre o 2 e o 5 de outubro para as actividades nas que quedaron prazas vacantes.

Rematado o prazo de inscrición no curso 2023/2024 das escolas deportivas, culturais e educativas do Concello de Carral, fanse públicas as listas das solicitudes admitidas e as reservas, así como o lugar e data de inicio de cada unha das actividades.

LISTAS ACTIVDIADES

O mércores 27 publicarase a relación das prazas vacantes nas actividades nas que non se encheu o cupo de inscritos, abríndose un novo prazo de inscrición entre o 2 e o 5 de outubro.

Para calquera consulta ou aclaración deben de poñerse en contacto coa Casa da Cultura de Carral – casadacultura@carral.es ou 981.67.25.80, entre as 8:30 – 14:30 h e as 17:00-20:00 h.

Publicada no DOG, a día 4 de setembro, a convocatoria para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4. 

O prazo para matricularse comprende do 5 ao 25 de setembro. As probas terán lugar na segunda quincena de novembro ou na primeira de decembro de 2023 en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Máis información no servizo de Normalización Lingüística do Concello e na páxina https://www.lingua.gal/portada. Nesta páxina tamén están dispoñibles cursos de autoformación para preparar as probas.

Consulta a información aquí.

As vacacions de verán están chegando ó seu fin e desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos unha actividade para despedilas, o DÍA MULTIAVENTURA! O mércores 30 de agosto pasaremos unha xornada nos karts e nos kaiak.

A actividade está destinada a rapazas e rapaces de entre 12 e 17 anos, con preferencia para empadroadas/os, saindo do Local Interxeracional ás 9:00 h., e regresando o mesmo lugar sobre as 19:30 h. aproximadamente.

O prazo de inscrición será do 16 de agosto (a partir das 17:00 h.) ó 23 de agosto (ata as 20:00 h.) Para anotarte deberás pasarte pola OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo – luns a venres de 17:00 a 20:00 h.) e cubrir folla de inscrición/autorización pola tua nai/pai/titor-a

As prazas son limitadas!

O prezo da actividade é de 17 €. Pero non debes facer o pago ata que te avisemos de que tes praza.

RECOMENDACIONS: Levar traxe de baño, sandalias, toalla, protección solar, gorra, comida e bebida.

Publícase a acta do tribunal cualificador nomeado no procedemento de selección para a contratación dun/ha auxiliar administrativa para o departamento de Servizos Sociais cos resultados da puntuación total acadada polos aspirantes nas probas recollidas no punto catro das bases que rexen a mencionada contratación.

Coa publicación desta acta outórgaselles a todas as persoas interesadas un prazo de dous días hábiles para que poidan presentar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas.

Consulta aquí a acta.

Carral conta, desde esta semana, con dous auxiliares de Policía Local que reforzarán, durante o verán, os labores que se realizan desde o corpo de seguridade. O alcalde, Javier Gestal, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Susana Guimarey, deron a benvida aos novos axentes, que estarán en Carral durante agosto e setembro.

A incorporación dos auxiliares realizouse a través do convenio entre o Concello e a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e permitirá seguir “ofrecendo un mellor servizo á cidadanía”.

Nos últimos meses, o goberno local promoveu numerosas melloras na área de seguridade cidadá. Entre elas, destacaron as seguintes: a suma de dous efectivos policiais para cumprir coa cociente policial obrigatoria, a renovación da frota de vehículos policiais, a implantación dos últimos avances en tecnoloxía para a vixilancia e a ordenación do tráfico e a disposición dun programa que homogeniza e vincular á Policía Local de Carral con outras da contorna próxima.

Publícase a acta do tribunal cualificador, relativa á proba tipo test para a contratación dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais realizada o mércores, 26 de xullo de 2023.

Coa publicación desta acta outórgaselles a todas as persoas interesadas un prazo de dous días hábiles para que poidan presentar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas.

Consulta aquí a acta.

Publícase a plantilla coas respostas do exame tipo test, realizado o pasado 26 de xullo de 2023, para a selección dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais.

O exame está a disposición das persoas interesadas no departamento de RRHH do Concello.

Consulta aquí o documento.

Aprobación da lista de admitidos provisionalmente que se eleva a definitiva por non existiren excluídos, nomeamento de tribunal cualificador así como día, lugar e hora da proba do exame tipo test para a selección dun/ha auxiliar administrativo/a para o departamento de Servizos Sociais.

Publícase o presente anuncio para xeral coñecemento das persoas interesadas no procedemento de selección.

Consulta aquí toda a información.