Desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral organizamos unha excursión ó Galipark para o mércores 20 de xullo.

Tiro con arco, tiralinas, rocódromo, piscina, deslizador acuático ou circuítos multiaventuras, durante todo a día.

Esta actividade para nenas e nenos a partir de 10 anos, ten un prezo de 17 euros, e a saída está programada para as 9:30 h. desde o Local Interxeracional e a chegaremos ás 19:30 h. ó mesmo lugar.

Tedes de prazo ata o 18 de xullo para anotarvos. Enviándonos a folla de autorización/inscrición, que tamén atoparedes no Facebook e no Instagram da OMIX de Carral, a omix@carral.es, por whatsapp ó 674.793.475 ou entregándoa na OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo).

Non facer o pago ata que se confirme a praza!

 

Publícase a acta do tribunal cualificador do procedemento de selección para a contratación dun/ha operario de limpeza de montes subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (APROL RURAL 2022).

 

Con esta publicación outórgaselles aos/ás interesados o prazo dun día hábil (dada a urxencia da contratación) para reclamacións ou alegacións.

 

O que se publica aos efectos oportunos.

 

ACTA APROL 2022.doc

Por decreto da alcaldía do 30 de xuño de 2022 resolveuse aprobar a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as do proceso de selección para a contratación dun operario de limpeza de montes así como nomear ao tribunal cualificador e fixar o día e a data da proba práctica e da entrevista profesional.

 

No mesmo decreto acordouse comunicarlle vía telefónica a todos/as os/as interesados o día e a hora da realización das mesmas.

 

O que se publica aos efectos oportunos.

 

Modelo Decreto

Por decreto da alcaldía do 27 de xuño de 2022 resolveuse aprobar a listaxe provisional de candidatos/as admitidos/as e excluídos/as presentados/as ao procedemento de selección  para a contratación dun/ha operario/a de limpeza de montes ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural 2022).

 

Coa publicación deste anuncio outórgaselle aos/ás interesados/as un prazo de dous días hábiles ( o 28 e o 29 de xuño de 2022) para correccións ou reclamacións.

 

Modelo Decreto

 

Por decreto da alcaldía do 17 de xuño de 2022 resolveuse iniciar a contratación dun/ha operario/a de limpeza de montes ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural (Aprol).

Só poderán presentarse ao procedemento de selección os/as candidatos/as remitidos pola oficina de emprego de Monelos trala oferta realizada segundo os requisitos do programa Aprol rural 2022.

Coa publicación deste anuncio iníciase o prazo de dous días hábiles para a presentación de instancias que rematará o día 22 de xuño, incluído.

bases

 

O 29 DE XUÑO A OMIX LEVATE Ó AQUAPARK

Coma ven sendo habitual, a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) de Carral, organiza una excursión ó Aquapark de Cerceda para o mércores 29 de xuño.

A saída farémola desde o local Interxeracional ás 11:30 h. e regresaremos ao mesmo lugar ás 19:30 h.

Para anotarte a esta actividade para rapaces e rapazas de entre 8 e 17 anos deberás enviar por correo electrónico a omix@carral.es, ou por whatsapp ó 674.793.475, a autorización que poderás atopar, aquí na mesma web, así coma no Facebook e no Instagram da omix_carral.

A excursión ten un custo de 8 euros pero avisarémoste do pago. Aínda que o prazo é ata o 27 de xuño, non te retrases, xa que as prazas son limitadas.

Xa para o propio día, as indicación que vos damos e que levedes a comida, protección solar, toalla, gorra e sandalias.

 

Nesta ocasión a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), lévavos a coñecer unha parte do noso patrimonio arquitectónico facendo unha visita á centenaria depuradora que temos no noso concello, e a facer un roteiro principalmente pola parroquia de Cañas, dentro do programa Patea Carral.

Será o día 18 de xuño, sábado, saíndo do campo da feira ás 9:30 h. e regresando arredor das 14:00 h.

Esta actividade destinada a maiores e 12 anos terá unha lonxitude de 12 km. a dificultade é baixa, e as recomendación as de sempre, auga, algo para comer, calzado axeitado, e chuvasqueiro.

O prazo para anotarse remata o xoves 16 de xuño e para elo tes que enviarnos a inscrición/autorización por Whatsapp ó 674.793.475 ou por e-mail a omix@carral.es, e  que atoparás no Facebook da omix_carral, na paxina web do concello (carral.es) ou no noso Instagram, omix_carral. A patear!

Publícase a acta do tribunal cualificador para a contratación de tres albaneis e un electricista (oficiais de segunda) ao abeiro do Programa de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia (liña 1.1 PEL-CONCELLOS 2022) da Excelentísima Deputación da Coruña.

 

Outórgaselle a todos os aspirantes un prazo de dous días hábiles para reclamacións.

 

Máis información no departamento de Recursos Humanos do Concello.

 

ACTA.doc (1)

Por decreto da alcaldía do 26 de maio de 2022 resolveuse elevar a definitiva a listaxe provisional de candidatos/as admitidos/as presentados para os postos de albaneis e electricista por non existiren candidatos excluídos así como nomear o tribunal cualificador e fixar o día e a hora da última fase do concurso de selección.

 

O que se fai público para xeral coñecemento dos/as intereseados/as

 

Modelo Decreto (5)

O sorteo celebrarase o vindeiro martes 24 de maio ás 13:00 no Salón de Plenos Municipal. Read more