• O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello terá tamén o seu propio programa “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”.

O prazo de preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña estará aberto ata o 20 de maio. No caso de Carral, o ente provincial oferta cinco prazas para a terceira quenda, entre o 10 e o 15 de xullo.

O concelleiro de Deportes, Francisco Bello, sinala que, ademais do programa provincial, o Concello celebrará, este verán, os seus propios campamentos “nunha nova aposta por promover a conciliación da veciñanza de Carral”. A previsión, tal e como avanza o edil, é abrir o período de inscrición para o programa a principios do mes de xuño. A iniciativa municipal terá lugar entre o 27 de xuño e o 2 de setembro, organizándose varias quendas.

Os campamentos da Deputación están dirixidos a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos e levaranse a cabo no IES Rosalía de Mera. Os rapaces e rapazas que participen na iniciativa poderán gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, dunha xornada de praia e de visitas culturais e etnográficas.

As inscricións poden tramitarse na Casa da Cultura (981 67 25 80) e no Complexo Deportivo de Carral (678 33 88 47 e en deportes@carral.es) ata o 20 de maio.

Por decreto da alcaldía do 11 de maio de 2022 resolveuse iniciar o procedemento de contratación de tres obreiros/as (albaneis) e un/ha electricista de acordo coa subvención concedida pola Excelentísima Deputación da Coruña ao abeiro do programa de axudas á contratación de persoal para execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia da Coruña (liña 1.1 PEL-CONCELLOS 2022).

Os/as interesados/as terán de prazo ata o vindeiro xoves día 19 de maio de 2022 inclusive para a presentación de solicitudes.

Máis información nas oficinas de contratación do Concello de Carral.

bases

Concello de Carral

Por decreto da alcaldía do un de abril de dous mil vinte e dous resolveuse aprobar as bases que rexerán a contratación dun arquitecto/a (técnico/a de obras) para o departamento de Urbanismo e Obras do Concello durante seis meses e a xornada parcial por circunstancias da produción.

Coa publicación deste anuncio outórgaselle un prazo de cinco días hábiles para que todos/as os/as interesados/s poidan presentar as súas solicitudes para participar no procedemento (ata o 19 de abril inclusive).

Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de RRHH en horario de 9 a 14 horas.

bases

Logo de aprobarse inicialmente e ser exposto para consulta pública, en cumprimento do establecido no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante), o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Carral foi aprobado definitivamente mediante acordo adoptado en sesión plenaria celebrada en data 8 de febreiro de 2022. O devandito Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Carral está dispoñible para consulta en formato papel no Concello, en horario de oficina (luns a venres, de 9:00 horas a 14:00 horas), e na sede electrónica do Concello (https://sede.carral.es).

 

PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Axudas para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

Concello de Carral

Por decreto da alcaldía 537/2021, do 03 de decembro de 2021, resolveuse a contratación do candidato con maior puntuación acadada no procedemento de selección para a contratación dun técnico en materias medioambientais así como a formación da bolsa prevista nas bases logo da desestimación da única alegación presentada no prazo establecido ao efecto.

 

Este acto pon fin á vía administrativa e as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición perante a alcaldía deste Concello no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano e no prazo indicado na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 

Modelo Decreto (1)

 

No seguinte documento atoparás as bases completas da campaña ‘Coñece Carral no Nadal’. Podes acceder ao arquivo nesta ligazón.

Concello de Carral

Publícase a acta íntegra levantada pola secretaria do tribunal responsable de valorar aos/ás candidatos/as presentados/as ao procedemento de selección para a contratación dun/ha técnico/a en materias medioambientais para o departamento de Medio Ambiente do Concello de Carral.

Coa publicación deste anuncio outórgaselle a todos/as os/as candidatos/as un prazo de dous días hábiles contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio na web e no taboleiro de anuncios do Concello para posibles reclamacións.

acta.doc

Concello de Carral

 

Con data do 24 de novembro de 2021 ditouse o decreto da alcaldía 510/2021 polo que se aprobou a lista de admitidos e exlcuídos provisionalmente ao posto de técnico en materias medioambientais, se elevou a definitiva dita lista por non existiren excluídos, se nomeou aos membros do tribunal encargado de valorar a última fase do procedemento de selección e se fixou o día e a hora da entrevista profesional.

 

Publícase o texto íntegro do mesmo para coñecemento de todos/as os/as aspirantes.

 

Modelo Decreto

 

 

Gustaríavos coñecer o parque eólico das Encrobas? Este domingo, 17 de outubro ás 10.30 horas no Marco das Eiras realizarase unha andaina de 2 km pasando polos distintos puntos onde está prevista a instalación de aeroxeneradores.

A actividade está organizada pola Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo en colaboración co Concello de Carral.