A conciliación da vida laboral e familiar é unha prioridade en Carral. Un obxectivo que se cumpre grazas aos campamentos que o Concello organiza durante a época estival. Agora mesmo, están en marcha os deportivos que contan, na súa segunda semana, coa participación de 130 nenos e nenas de entre 3 e 15 anos.
Como en convocatorias anteriores, esta edición ofrece cun horario ampliado para favorecer, aínda máis, a conciliación das familias do municipio. Deste xeito, as persoas solicitantes tiveron a posibilidade de solicitar o servizo de Mañanceiro e o de xantar, garantindo a atención dos pequenos e pequenas desde as 7.30 ata as 16.00 horas.
Unha vez rematados os deportivos, continuarase coas dúas quendas restantes, que se desenvolverán ata o mes de setembro. Os English Sport Camp levaranse a cabo entre o 17 de xullo e o 4 de agosto e o de Deportes e Natureza celebrarase entre o 7 de agosto e o 1 de setembro.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/07/Campamento-3.jpg9042037prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-07-04 11:05:562023-07-04 11:05:56CARRAL ENCARA A SEGUNDA SEMANA DOS SEUS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS CON 130 NENOS INSCRITOS
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/07/Cartel-xeral-Final.jpg24801748informaticahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pnginformatica2023-07-03 17:18:252023-07-05 18:37:52LISTAS DE ADMITIDOS/RESERVAS NO ENGLISH SPORT CAMP E NOS CAMPAMENTOS DE DEPORTE E NATUREZA
O alcalde, Javier Gestal, encara o seu segundo mandato á fronte do Concello de Carral. Faino tras alcanzar a maioría absoluta nas eleccións do pasado 28 de maio. O rexedor elevou ao pleno do xoves 29 de xuño, a súa proposta para configurar o novo goberno local. O equipo de goberno estará conformado por sete áreas desde as que se traballará para “seguir mellorando vos servizos e infraestruturas dúas veciños e veciñas”.
A nova relación de áreas será a que a continuación se indica:
Alcaldía: Javier Gestal
Economía e Facenda, Réxime Interior, Recursos Humanos e Seguridade Cidadá: Susana Guimarey García
Cultura, Deportes, Xuventude e Participación Cidadá e Protección Civil: Francisco Javier Bello Hermida
Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Obras e Servizos, Medio Ambiente e Medio Rural: Javier Lendoiro Santos
Sanidade, Educación e Emprego: Mercedes Caridad López
Servizos Sociais e Igualdade: Inmaculada Mantiñán Insua
Comercio e Turismo: Natalia Patiño Cañás
A primeira tenencia de Alcaldía será para Susana Guimarey e a segunda para Francisco Javier Bello.
Dedicacións:
En canto ás dedicacións, a proposta do rexedor inclúe o seguinte reparto:
Dúas dedicacións exclusivas:
Alcalde
Concelleiro de Cultura, Deportes, Xuventude e Participación Cidadá e Protección Civil
Tres dedicacións parciais
Concelleira de Economía e Facenda, Réxime Interior, Recursos Humanos e Seguridade Cidadá (dedicación ao 80%)
Concelleira de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Obras e Servizos e Medio Ambiente e Medio Rural (dedicación ao 80%)
Concelleira de Sanidade, Educación e Emprego (dedicación al 50%)
Polo tanto, haberá dúas concelleiras sen dedicación e que cobrarán por asistencias a órganos colexiados.
O alcalde propuxo, ademais, a creación dun novo posto de persoal de confianza. O posto estará ocupado polo concelleiro de Obras, Servizos, Medio Ambiente e Protección Civil durante o pasado mandato, Rubén Caamaño, que manterá un salario similar ao que percibía como edil.
Esta proposta de organización implica reducir o gasto destinado a soldos e retribucións do equipo de goberno. De feito, neste mandato abonarase un soldo menos que entre 2019 e 2023, debido a que dous das concelleiras non terán dedicación.
Durante o pleno, Gestal incidiu en que se continuará “traballando de xeito diario para seguir mellorando a calidade de vida dúas veciños e veciñas de Carral”.
Órganos colexiados
En canto ás dietas, todos os membros da corporación, excepto os que desempeñen o seu cargo con dedicación exclusiva ou parcial, percibirán asistencias pola súa concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, fixadas en: 100 euros por plenos, 200 por xuntas de goberno e 100 por comisións informativas.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/06/PLENO-COMPOSICION-GOBERNO-CONCELLO-DE-CARRAL.jpg15362048prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-06-30 12:49:422023-06-30 12:50:13JAVIER GESTAL CONFIGURA UN NOVO GOBERNO CON 7 ÁREAS PARA SEGUIR MELLORANDO OS SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS DE CARRAL
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/06/Cursos_Natacion_xullo2023-scaled.jpg25601804Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-06-28 17:55:002023-07-05 18:40:01LISTAS DE ADMITIDOS E RESERVAS NOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE XULLO
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-06-26 18:23:002023-07-04 18:37:48O PROGRAMA CULTURÚA TRAE NO VERÁN 8 PROPOSTAS PARA TODOS OS PÚBLICOS
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/06/IMG_2545-scaled.jpg19212560prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-06-19 18:37:002023-07-05 18:46:19JULIO FERNÁNDEZ E HUGO CAMPOS CONVÉRTENSE NOS GAÑADORES DA 2ª LIGA DE PÁDEL DE CARRAL
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/06/cartel-piscina-2023.jpg17541240prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-06-16 18:52:002024-07-15 12:53:54AS PISCINAS DE VERÁN DE CARRAL VOLVEN A ABRIR AS SÚAS PORTAS O VENRES 16
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00informaticahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pnginformatica2023-06-16 18:50:002023-07-04 18:51:06LISTAS ADMITIDOS/RESERVAS NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2023 – CONCELLO DE CARRAL
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00prensahttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2023-06-16 18:43:002023-07-04 19:13:16OUTRO ANO MÁIS, IMOS Ó AQUAPARK!
Este ano desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizamos unha actividade novidosa para aqueles/as rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos. Tratase dun campa entre o luns 26 e o venres 30 de xuño, entre as 10:00 e as 14:00 h. co Local Interxeracional coma punto de encontro.
Nesta actividade destacarán as saídas e as actividades ao aire libre polo que intentaremos aproveitar ó máximo posible o noso entorno e a nosa vila. Ademáis de algún que outro obradoiro, como o de pintura mural, realizaremos rutas de sendeirismo, e destacamos tamén que a participación nesta actividade inclúe a excursión que realizaremos o día 28 de xuño, mércores, ó Aquapark de Cerceda.
Podedes anotarvos entre o mércores 14, a partir das 16:30 h., ata o 21 de xuño e recordámosvos que as prazas son limitadas. O prezo e de 20 € (inclue a saída ó Aquapark)
Como anotarvos? Tedes que enviarnos por correo electrónico (omix@carral.es) por whatsapp (674.793.475) ou de maneira presencial no Local Interxeracional (luns a venres de 16:30 a 20:30 h.) a folla de inscripción/autorización que atoparás aquí mesmo.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00Carloshttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngCarlos2023-06-13 13:32:302023-06-21 13:33:12MOCI-CAMPA DA OMIX
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.