SONY DSC

O pavillón do Espiño acollerá o sábado 10 de xuño, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto, que está organizado polo Concello de Carral e o Club de Patinaxe Alquimia, comezará ás 17.30 h e terminará ao redor das 19.00 h.

Nesta clásica cita da patinaxe da comarca, está prevista a presenza de 7 clubs, colexios e escolas deportivas municipais que reunirán a uns 150 patinadores de todas as idades. Ao termo do certame, o alcalde Javier Gestal, fará entrega a todos os participantes dun agasallo conmemorativo.

Esta actividade, que pecha a programación deportiva de primavera, dá continuidade ao obxectivo de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral está a desenvolver durante este ano 2023. Con este tipo de programas, o goberno municipal pretende potenciar a práctica deportiva no termo carralés, e en especial entre un sector da poboación tan importante e sensible como é o infantil.

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981.672.580 ou no mail deportes@carral.es.

A colaboración do Ente Provincial co Concello de Carral remóntase ao ano 2002

O concello de Carral solicitou a primeiros do pasado mes de febreiro a subvención do programa provincial para concellos para o mantemento do persoal técnico no servizo municipal de deportes.

A pasada semana publicouse no boletín provincial a concesión definitiva desta axuda, onde a contía económica que recibirá o Concello de Carral ascende a 15.000 €, ao tratarse o persoal contratado dun graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte a xornada completa. Esta aportación económica destinarase ao pago de parte do salario e os custos de Seguridade Social do técnico municipal de deportes.

Por outra banda, cambe destacar que este é unha axuda que a Deputación ven concedendo aos diferentes concellos da provincia dende hai máis de dúas décadas, no caso de Carral, dende o ano 2002. Con ela preténdese a promoción do deporte, actividades e servizos á cidadanía mediante a promoción da contratación de persoal especialista neste ámbito.

Carral abriu hoxe, xoves 1 de xuño, o prazo de solicitude dos campamentos de verán, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata os 15 de xuño, dándolles aos veciños e veciñas a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas nunha das tres quendas que se celebrarán ata o remate da época estival.

Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos de Mañanceiro (de 7.30 a 10.00 horas) e de xantar (de 14.00 a 16.00 horas).

Os campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de 3 a 15 anos, terán lugar ao longo de todo o verán en tres quendas e con temáticas diferenciadas: en primeiro lugar irá os Campamento Deportivo (do 26 de xuño ao 14 de xullo), despois os English Sport Camp (17 de xullo ao 4 de agosto) e, por último, o de Deportes e Natureza (do 7 de agosto ao 1 de setembro). Entre as tres, ofertaranse un total de 280 prazas, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.

As inscricións poden tramitarse ata o 15 de xuño. Para facelo, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumplimentar o formulario online da web municipal. Como noutras convocatorias, as persoas interesadas terán a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas por semanas soltas.

A Consellería de Medio Rural reactivou, de novo, os permisos de queima.

Estes poden solicitarse a través da páxina web, do 012 ou do teléfono 981 67 00 02 (Concello Carral).

As persoas que precisen máis información poderán contactar co servizo de Medio Ambiente do Concello.

Bando queimas Concello de Carral Descarga

Por resolución da alcaldía do 24 de maio de 2023 aprobáronse as bases que rexerán a contratación dun/ha peón/peoa xardineiro/a perceptor/a da RISGA ao abeiro da Orde do 09 de xaneiro de 2023 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Coa publicación deste anuncio iníciase o prazo para que os/as interesados/as poidan presentar as solicitudes para participar no procedemento de selección. 

Só poderán presentar solicitudes unicamente as persoas que foron remitidas polo Servizo público de emprego de Galicia (SEPEG). Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de RRHH do Concello.Modelo Decreto (16)Descarga

Publícase o decreto da alcaldía polo que se aproba a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección dun/ha operario/a de limpeza de montes e tarefas de silvicultura para o servizo de prevención de incendios e limpeza de montes ao abeiro da subvención concedida a este Concello pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Outórgaselle aos/ás interesados un prazo de dous días hábiles dende o día seguinte a esta publicación para reclamacións.

Modelo Decreto (14)

Descarga

 poeta Ciro Fernández Briones vén de facerse co 26º Premio de Poesía Concello de Carral coa súa obra Oídos de espeleóloga.

Ciro Briones, da Pobra do Caramiñal e nado no 1996, xa conta con galardóns como os de poesía e de ensaio da Universidade de Vigo no 2020, o 1º premio de poesía XuventudeCrea nas súas edicións do 2020 e 2022, e o 2º premio do XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome (2022).

O poemario de Briones foi escollido entre un total de 90 obras presentadas, o cal supón un record para este certame que tiña a súa mellor cifra de participación en 56 libros. O xurado salienta do libro gañador a súa coherencia, o ritmo, o coidado da linguaxe e a súa harmonía verbal. É un poemario que desde certas coordenadas da filosofía explora liricamente espazos da desolacíón e afonda na reflexión metafísica. O eu poético trasládanos a un espazo de escuridade que moito ten que ver cos cadros do pintor polaco Beksinski, e ofrece un discurso poético que alumea e libera entre tanta desolación.

O xurado estivo composto por Olga Patiño Nogueira, Carlos Penela e Antía Marante. Como presidente actuou o alcalde de Carral, Javier Gestal, e como secretario o técnico de Cultura e coordinador do certame, Carlos Lorenzo.

O premio Concello de Carral está dotado con 3.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

O acto de entrega do premio Concello de Carral está previsto para o venres 9 de xuño na Casa da Cultura e servirá, así mesmo, para presentar o libro Trono e caléndula, co que Carlos Penela gañou a 25ª edición do certame. O evento contará tamén coa presentación do recital poético e musical Os puntos do impacto, creado por Álex Mene e Margarida Mariño a  partir do poemario do mesmo título que gañou o certame no ano 2021.

Como vén sendo habitual, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Cultura para a publicación da obra premiada.certame de poesíacertámen de poesíaciro brionesconcurso de poesíapoesíapoesía galegapremio de poesía

O Concello de Carral acaba de abrir o prazo para inscribirse nos campamentos deportivos que terán lugar durante o mes de xullo e que están organizados e financiados pola Deputación da Coruña, en colaboración cos concellos provinciais que tramitan as inscricións.

Estes campamentos deportivos están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos que poderán realizar multitude de actividades deportivas tales como actividades náuticas, equitación, tenis, sendeirismo, fútbol, voleibol, volei praia, baloncesto etc., así como visitas a centros culturais na cidade da Coruña. Os raparigos/as estarán aloxados durante unha semana no Colexio IES Rosalía Mera.

O custo por neno/a é de 85 € que inclúe o transporte interno no campamento, o aloxamento en pensión completa, as actividades deportivas e as visitas culturais. Os asistentes de Carral acudirán na semana do 9 ao 14 de xullo e teñen ata o 7 de xuño para informarse e apuntarse nas dependencias municipais da Casa da Cultura, no tlfo. 981.67.25.80 ou no mail deportes@carral.es.

Por resolución da alcaldía do 11 de maio de 2023 aprobáronse as bases que rexerán a contratación dun/ha operario/a de limpeza de montes e tarefas de silvicultura para o servizo de prevención de incendios e limpeza de montes ao abeiro Orde do 09 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emrpego do medio rural (Aprol rural).

Coa publicación deste anuncio iníciase o prazo para que os/as interesados/as poidan presentar as solicitudes para participar no procedemento de selección. 

Só poderán presentar solicitudes unicamente as persoas que foron remitidas polo Servizo público de emprego de Galicia (SEPEG). Para calquera dúbida ou aclaración poden dirixirse ao departamento de RRHH do Concello. 

Modelo Decreto Descarga

Tras dezaoito edicións, os bocadillos cardiosaudables son xa un clásico indiscutible na Festa do Pan de Carral. Porén, a cita gastronómica organizada polo Concello e a Asociación de Panadeiros contará, este ano, con importantes novas. Por unha banda, a XIX edición será a máis longa da historia, incluíndo catro días completos de programación e, pola outra, o menú da festa incorporará unha nova delicia con selo 100 % carralés: os bolos preñados. O Concello acolleu, esta mañá, a presentación oficial deste evento, que correu a cargo do alcalde, Javier Gestal, dos concelleiros e concelleiras do goberno local e de representantes das panadarías participantes: Panadería Bonome Bouzas, Panadería Manuel Rodríguez e Hijos, Panadería do Pincho, Panadería Pedro Fernández, Panadería Da Cunha, Panadería Mercedes, Panadería Paraíso e Panadería Insua.

Tanto o equipo de goberno como os propios artesáns encaran a celebración con “ilusión” e coa previsión, non só de alcanzar, senón tamén de superar a cifra de venta do ano pasado, cando os panadeiros despacharon uns 8.000 bocadillos cardiosaudables.

A programación deste ano desenvolverase o sábado, 13 de maio, e o domingo, día 14, ofrecendo ao público asistente actividades como as seguintes: feira medieval, obradoiros de elaboración de pan para os nenos e nenas, talleres de olaría e representacións teatrais. Eses días, as actividades rematarán coas actuacións das orquestras Fuego e A banda de ayer (sábado, 13 de maio a partir das 21.00 horas) e Miramar (domingo, 14 de maio, a partir das 20.00 horas). Nesas dúas xornadas, os cativos e cativas poderán gozar, ademais, dunha das atraccións máis reclamadas da Festa do Pan: os obradoiros de elaboración de elaboración de pan. O calendario incluirá tamén representacións teatrais, talleres de olería, exhibicións de cetrería e espectáculos na rúa.

Pequepan e Xovepan

A dezanove edición alongarase tamén durante as xornadas do luns, 15 de maio, e do martes, día 16. Por unha banda, o luns terá lugar o Pequepan (a partir das 18.00 horas). A cita incluirá o espectáculo MeRe-cidamente de clown e o concerto de Chuches Amil. Ao día seguinte será a quenda de Xovepan (desde as 20.00 horas). Ao longo da tarde venderanse bolos preñados elaborados polos panadeiros do municipio, haberá unha actuación da charanga Santa Compaña e da Escola Municipal de Música de Carral e, por último, unha sesión de noite cos grupos Bomba e New York.  

Tal e como se explicou durante a presentación, o obxectivo é achegar a cultura do pan aos veciños e veciñas de todas as idades, sobre todo aos pequenos e pequenas e á mocidade: “o pan é un dos nosos sinais de identidade e o que dá nome a Carral, polo que é fundamental garantir ese relevo xeracional”.